imagen1 imagen2 imagen3 imagen4
Asistencia e Investigación
dos Trastornos da Personalidade

Colaboran con nosotros:

Sergas Consellería Traballo Fundación Mapfre Concello Santiago de Compostela Voluntariado galego Diputacion de la Coruña La Caixa

Servizos

  • Información, Orientación e Asesoramento a familiares e afectados sobre calquera dúbida ou aspecto relacionado cos trastornos de personalidade. O horario de atención é de luns a venres de 9:30 a 13:30 horas.
  • Atención psicolóxica individual e familiar, tanto a persoas con trastorno de personalidade como aos seus familiares ou persoas en contacto, cunha orientación e asesoramento personalizado a cada situación e contexto individual e familiar. O horario de atención é de luns a xoves de 10:00 a 14:00 e martes de 16:00 a 19:00 horas.
  • Grupo de Autoapoyo/Psicoeducación de Familiares de persoas con TP, no que se dará información sobre os trastornos de personalidade e abordaranse diferentes cuestións relacionadas, como crises, calidade de vida, manexo de sentimentos, etc. CSC de Fontiñas en Santiago de Compostela.
  • Puntos de encontro coas familias ou persoas en contacto co enfermo para debater cuestións propias da Asociación, como actividades e servizos que se poñen en marcha desde a asociación, información de eventos, reunións, etc, así como asuntos de xestión e administración da mesma. Celebraranse cada dous meses normalmente en venres en horario de tarde.
  • Talleres de relaxación, dirixido a familiares. Realizaranse un ou dous sábados ao mes de 11.00 a 13:00 horas no CSC de Fontiñas en Santiago de Compostela.


Valid XHTML 1.1! Valid CSS!
anteriorMarzo 2024posterior
LunMarMerXovVenSabDom
----123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031