imagen1 imagen2 imagen3 imagen4
Asistencia e Investigación
dos Trastornos da Personalidade

Colaboran con nosotros:

Sergas Consellería Traballo Fundación Mapfre Concello Santiago de Compostela Voluntariado galego Diputacion de la Coruña La Caixa

Preguntas Frecuentes

¿Que se entende por trastorno de personalidade?

Un trastorno de personalidade é un patrón permanente e inflexible de experiencia e comportamento que se aparta do que se considera habitual na cultura do suxeito e que se manifesta na forma de percibir o mundo, a afectividade, as relacions interpersonais e o control dos impulsos.

Esta forma de relacionarse, percibir e pensar, resulta desadaptativa para o suxeito (deterioro a nivel laboral, escolar, social ou outro tipo de ámbitos), e pode causarlle un gran malestar, así como ás persoas que lle rodean.

¿Qué significan as siglas TLP?

Son as siglas correspondentes ó diagnóstico de Trastorno de Personalidade Límite. Estas siglas, en inglés, equivalen a BDP (Borderline Personality Disorder).

¿Por qué é o TLP un problema?

Porque provoca unha gran inestabilidade afectiva e condutual, que altera e perturba moitas áreas da vida (formativa, laboral, afectiva, relacional) do paciente e das persoas que lle rodean. Pode haber outras complicacions asociadas, como trastornos do estado de ánimo, da alimentación, drogodependencias, etc., que agravan ainda mais o problema.

¿Cando se pode diagnosticar este trastorno?

As condutas e rasgos límites poden manifestarse na adolescencia o no inicio da vida adulta. O diagnóstico de TLP confírmase cando os síntomas se manteñen de forma mais ou menos intensa durante un periodo de tempo longo (2-5 anos).

¿Qué tipo de terapia é axeitada para unha persoa afectada de TLP?

A maior parte de persoas con TLP precisan tratamento combinado (psicoterápico e farmacolóxico) en función da gravidade dos síntomas. Existen fármacos que son eficaces para a depresión, ansiedade, impulsividade, síntomas psicóticos, etc. Sen embargo, a ansiedade y a depresión que resultan dun trastorno da personalidade son raramente aliviadas con fármacos de modo satisfactorio, por eso é necesario combinalo cun tratamento psicolóxico.

Hay que ter en conta que corrixir unha personalidade require moito tempo. Ningún tratamento a curto prazo pode curar con éxito un trastorno da personalidade, pero certos cambios podense conseguir mais rápidamente que outros.

¿Ten que medicarse unha persoa con TLP?. ¿Será para sempre?

Hai medicacions específicas para os síntomas que presentan persoas con TLP (depresión, ansiedade, impulsividade, síntomas psicóticos, etc.), e que resultan eficaces para diminuir a sua intensidade. A necesidade e o tempo de medicación dependen de cada caso, no que se debe ter en conta a gravidade dos síntomas, a sua interferencia na vida cotiá e a sua evolución.

¿Qué facer cun paciente con TLP que está en crise e pode causar dano a sí mesmo ou a outros?

Intentar poñelo a salvo de sí mesmo, persuadindoo para que non se faga dano e poida calmarse, ou que nos permita facer algo para axudarlle nesa situación. En caso de que non sexa posible, poñerémonos en contacto co Centro que o atende, ou ben levarémolo ó Servizo de Urxencias. Se non o permite, non haberá mais remedio que chamar unha ambulancia ou as forzas de seguridade para trasladalo ó Servizo de Urxencias, donde se decidirá se é necesario manterlo en observación ou ingresalo nunha Unidade de Agudos.



Valid XHTML 1.1! Valid CSS!
anteriorDecembro 2024posterior
LunMarMerXovVenSabDom
------1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031-----