imagen1 imagen2 imagen3 imagen4
Asistencia e Investigación
dos Trastornos da Personalidade

Colaboran con nosotros:

Sergas Consellería Traballo Fundación Mapfre Concello Santiago de Compostela Voluntariado galego Diputacion de la Coruña La Caixa

Quen Somos

A Asociación TP-GALICIA é unha entidade non lucrativa de ámbito autonómico adicada á asistencia e investigación dos Trastornos da Personalidade (TP).

Está formada por familias de afectados por estes trastornos e persoas interesadas nestas patoloxías. Foi creada no ano 2005 e ten a súa sé en Santiago de Compostela. Foi inscrita no Rexistro Central de Asociacións da Xunta de Galicia co número 2005/009121-1 (SC), e no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais co número VP-2017. O seu NIF é: G 70021571.

Os nosos fins pódense resumir en tres:

  1. A nivel común: Dar a coñecer as características destas patoloxías, as posibilidades de tratamento e as suas implicacións sociais e familiares.
  2. A nivel familiar: Facer un traballo de orientación e asesoramento adecuado ás particularidades de cada caso, co obxecto de mellorar a súa calidade de vida.
  3. A nivel individual: Desenvolver programas de rehabilitación dirixidos aos enfermos, enfocados ás facetas social, laboral, psicolóxica e emocional.

Pretendemos tamén ser o vehículo que necesitan as familias destes enfermos para facer chegar a sua problemática a aqueles organismos da Administración que poidan atenuala ou resolvela, e colaborar con outras entidades nunha abordaxe multidisciplinar.

TP-GALICIA é membro fundador da Asociación Española de Familias de Enfermos con Trastorno da Personalidade AEF-TP.

TP-GALICIA está rexistrada na Xunta de Galicia como entidade de acción voluntaria.



Valid XHTML 1.1! Valid CSS!
anteriorOutubro 2024posterior
LunMarMerXovVenSabDom
-123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031---