imagen1 imagen2 imagen3 imagen4
Asistencia e Investigación
dos Trastornos da Personalidade

Colaboran con nosotros:

Sergas Consellería Traballo Fundación Mapfre Concello Santiago de Compostela Voluntariado galego Diputacion de la Coruña La Caixa

Obxectivos e Reivindicacións

A Asociación TP-GALICIA presenta tres liñas de actuación principais, baseadas no beneficiario da intervención. No "ámbito individual" o beneficiario é a propia persoa afectada por un TP. No "ámbito familiar" o beneficiario é a familia que ten contacto directo cun afectado por un TP. No "ámbito profesional" a intervención vai dirixida cara aos profesionais que traballan con familias e afectados por TP, pero cuxas accións van dirixidas a estes e en última instancia benefícialles.

Concrétanse os seguintes obxectivos en función do ámbito de actuación:

  1. Ámbito Individual:
    1. Asistir aos afectados para conseguir a súa adaptación social e laboral co fin de dar normalidade ás súas vidas.
    2. Asesorar e tratar a persoas con TP en colaboración con outros dispositivos da Rede de Recursos Asistenciais do Estado Español.
    3. Proporcionar asesoramento psicolóxico a afectados por un TP.
    4. Proporcionar asesoramento xurídico-legal ás persoas afectadas por un TP ante situacións orixinadas polo trastorno.
  2. Ámbito Familiar:
    1. Atender e dar soporte ás persoas que teñan contacto directo cun TP.
    2. Construír un espazo aberto e participativo para as familias que teñan relación directa cun TP.
    3. Proporcionar asesoramento xurídico-legal aos familiares afectados por un TP.
    4. Proporcionar asesoramento psicolóxico a familiares afectados por un TP.
  3. Ámbito Profesional:
    1. Difundir un mellor coñecemento destas patoloxías, tanto sexa no ámbito público como privado, que favoreza unha abordaxe multidisciplinar da sua problemática:
      • Organizando xornadas ou cursos formativos aos profesionais dos servizos educativos.
      • Desenvolvendo proxectos psicoeducativos co fin de reforzar a axuda psicolóxica escolar na infancia e preadolescencia.
      • Fomentando a investigación e o estudo dos TP.
    2. Colaborar para mellorar a calidade da asistencia psicolóxica aos enfermos, reivindicando:
      • Unha mellora na prevención e detección precoz.
      • A elaboración de protocolos de derivación entre os servizos de urxencias e unidades especiais TP para casos de crises.
      • A formación de persoal especializado, promovendo a sua dispoñibilidade para atención ás familias en caso de necesidade.
      • A creación de infraestructuras (residencias terapéuticas, vivendas tuteladas e centros de día especializados) para poder atender as necesidades dos afectados por un TP e as súas familias.


Valid XHTML 1.1! Valid CSS!
anteriorXaneiro 2021posterior
LunMarMerXovVenSabDom
----123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031