Os Trastornos da Personalidade (TP) caracterízanse por patróns persistentes e inflexibles de percepción, reacción e relación, que afectan á forma en como o suxeito percibe e procesa o mundo que lle rodea e que se apartan do que se considera habitual na sociedade en que vive. As persoas que os sofren teñen unha carencia en habilidades de afrontamento, e dificultades para adaptarse ás esixencias propias da vida cotiá, como o traballo, a familia, os amigos, etc. Estes comportamentos adoitan ser estables en diferentes situacións, manténdose o seu patrón de resposta.
Outras características son os cambios frecuentes no estado de ánimo, os comportamentos desadaptados, as dificultades nas relacións interpersonais, a falta de control dos impulsos e os sentimentos de vacío, e o seu inicio remóntase á adolescencia ou principio da idade adulta. Estas disfuncións xeran no enfermo un gran sufrimento, e moitas veces este sufrimento tamén é compartido polas familias coas que conviven, dada a gran desestructuración que xera nelas (discusións constantes, crises, problemas de comunicación, rupturas familiares, frustración, etc.).
Causas:
As causas dos TP son unha combinación de factores biolóxicos, xenéticos, psicolóxicos e ambientais, sendo a interacción deles as que están na súa orixe e desenvolvemento.
Evolución:
O curso destes trastornos é crónico, desenvolvéndose as súas características básicas na infancia e posteriormente consolidándose na adolescencia. Os síntomas máis agudos tenden a suavizarse conforme pasa o tempo. O seu diagnóstico é de difícil realización. A prevalencia é alta, podendo estar en torno ao 10-13% na poboación xeral, variando en cada tipo de trastorno e aumentando en poboacións hospitalarias.
A avaliación dos TP debe facerse tendo en conta se os síntomas que presenta a persoa son estables e o momento do seu comezo. Para iso utilízanse diversos instrumentos de avaliación, así como entrevistas estructuradas das que se pode extraer un diagnóstico clínico acertado. É tamén importante realizar unha análise funcional á hora de avaliar e tratar un TP, solicitando información de cales son os factores que predispoñen, as variables desencadenantes e de mantemento, ou agravantes, con respecto aos problemas do suxeito.
Tratamento:
O tratamento dos TP adoita ser unha combinación de terapia farmacolóxica e condutual, sendo os obxectivos destas terapias diminuílos síntomas, a normalización das respostas e mellóra do comportamento social e laboral da persoa. Céntranse basicamente na modificación de condutas problemáticas específicas. Algunhas destas terapias abordan o compoñente cognitivo, coa modificación de esquemas da personalidade.
Clasificación:
As clasificacións dos TP máis utilizadas en psiquiatría son as da Asociación Psiquiátrica Americana, na última edición do seu Manual Diagnóstico e Estatístico dos Trastornos Mentais (DSM-IV-TR), e da Organización Mundial da Saúde, que fai o propio na décima Clasificación Internacional de Enfermidades (CIE-10). Ambas se reproducen na seguinte táboa, na que tamén se mostra a súa correspondencia:
DMS-IV-TR | CIE 10 |
---|---|
Trastorno Paranoide | Trastorno Paranoide |
Trastorno Antisocial | Trastorno Disocial |
Trastorno de Inestabilidad Emocional Impulsivo | |
Trastorno Límite | Trastorno de Inestabilidad Emocional Límite |
Trastorno Histriónico | Trastorno Histriónico |
Trastorno Narcisista | |
Trastorno Pasivo-Agresivo | |
Trastorno Obsesivo-Compulsivo | Trastorno Anancástico |
Trastorno por Dependencia | Trastorno Dependiente |
Trastorno Esquizoide | Trastorno Esquizoide |
Trastorno Esquizotípico | |
Trastorno por Evitación | Trastorno Ansioso |