Obxectivos e Reivindicacións
A Asociación TP-GALICIA presenta tres liñas de actuación principais, baseadas no beneficiario da intervención. No "ámbito individual" o beneficiario é a propia persoa afectada por un TP. No "ámbito familiar" o beneficiario é a familia que ten contacto directo cun afectado por un TP. No "ámbito profesional" a intervención vai dirixida cara aos profesionais que traballan con familias e afectados por TP, pero cuxas accións van dirixidas a estes e en última instancia benefícialles.
Concrétanse os seguintes obxectivos en función do ámbito de actuación:
- Ámbito Individual:
- Asistir aos afectados para conseguir a súa adaptación social e laboral co fin de dar normalidade ás súas vidas.
- Asesorar e tratar a persoas con TP en colaboración con outros dispositivos da Rede de Recursos Asistenciais do Estado Español.
- Proporcionar asesoramento psicolóxico a afectados por un TP.
- Proporcionar asesoramento xurídico-legal ás persoas afectadas por un TP ante situacións orixinadas polo trastorno.
- Ámbito Familiar:
- Atender e dar soporte ás persoas que teñan contacto directo cun TP.
- Construír un espazo aberto e participativo para as familias que teñan relación directa cun TP.
- Proporcionar asesoramento xurídico-legal aos familiares afectados por un TP.
- Proporcionar asesoramento psicolóxico a familiares afectados por un TP.
- Ámbito Profesional:
- Difundir un mellor coñecemento destas patoloxías, tanto sexa no ámbito público como privado, que favoreza unha abordaxe multidisciplinar da sua problemática:
- Organizando xornadas ou cursos formativos aos profesionais dos servizos educativos.
- Desenvolvendo proxectos psicoeducativos co fin de reforzar a axuda psicolóxica escolar na infancia e preadolescencia.
- Fomentando a investigación e o estudo dos TP.
- Colaborar para mellorar a calidade da asistencia psicolóxica aos enfermos, reivindicando:
- Unha mellora na prevención e detección precoz.
- A elaboración de protocolos de derivación entre os servizos de urxencias e unidades especiais TP para casos de crises.
- A formación de persoal especializado, promovendo a sua dispoñibilidade para atención ás familias en caso de necesidade.
- A creación de infraestructuras (residencias terapéuticas, vivendas tuteladas e centros de día especializados) para poder atender as necesidades dos afectados por un TP e as súas familias.