Plan de Voluntariado
As persoas con trastornos da personalidade presentan problemáticas que afectan ó seu funcionamento psicosocial, á súa participación na sociedade e dificultan o desenvolvemento das súas capacidades funcionais en relación á vida cotiá. Nalgúns casos estes trastornos afectan gravemente á convivencia familiar.
O Programa de Voluntariado nace coa finalidade de tratade mellorar a calidade de vida das persoas afectadas por un Trastorno de Personalidade e as súas familias, a través da acción voluntaria. Así coma dar a coñecer os servizos que presta a nosa entidade, difundindo información sobre un Trastorno que hoxe en día continua a ser un descoñecido.
OBXECTIVO XERAL
- Fomentar a participación do voluntariado en tódolos programas que se leven a cabo na asociación, en relación coas familias e persoas afectadas.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
- Aumentar a sensibilización e información con respecto ós trastornos de personalidade mediante a participación de voluntarios nas actividades realizadas na asociación.
- Formar ó persoal voluntario no ámbito dos trastornos da personalidade para unha mellor comprensión da problemática.
- Proporcionar un apoio social puntual ás persoas afectadas e ás familias, nas diferentes actividades organizadas pola asociación.
ACTIVIDADES
- Programa de Acompañamento Educativo. Consiste e proporcionar, a través dun voluntario/a un apoio social, laboral e psicolóxico puntual as persoas afectadas con trastorno de personalidade.
- Actividades de Respiro Familiar .“Só coidando de nós mesmos poderemos coidar dos demais”. Coa participación activa do voluntariado levaranse a cabo as seguintes actividades:
- Puntos de encontro: Onde as familias se involucren na vida da asociación.
- Obradoiros de relaxación.
- Actividades de Autocoidado para Persoas con Trastorno de Personalidade .
- Obradoiros de expresión corporal.
- Grupos de psicoeducación.
- Actividades para a Difusión e Sensibilización da Asociación .
- Campañas de divulgación.
- Mesas informativas.
- Elaboración de material divulgativo e dun Boletín Informativo.
- Actualización da páxina web da Asociación.
TEMPORALIZACIÓN
O programa de voluntariado levarase a cabo nas seguintes fases:
- Unha primeira fase captación de voluntarios a través de anuncios en páxinas web, actividades de sensibilización e convenios con diferentes institucións.
- Unha segunda fase de acollida na que se fará unha primeira toma de contacto coa persoa voluntaria e se lle explicarán os obxectivos do programa e actividades.
- Unha terceira fase de formación, cunha duración de 8 horas e no que se dota á persoa voluntaria de coñecementos específicos sobre as características dos trastornos da personalidade. Este curso realizarase unha ou dúas veces ó ano en función das necesidades e da demanda do voluntariado.
- Unha cuarta ase de incorporación ós diferentes programas e actividades que se levan a cabo na asociación.
- E por último, a fase de seguimento/avaliación onde se valorará a integración da persoa voluntaria nos distintos programas.