A Asociación TP-GALICIA é unha entidade non lucrativa de ámbito autonómico adicada á asistencia e investigación dos Trastornos da Personalidade (TP).
Está formada por familias de afectados por estes trastornos e persoas interesadas nestas patoloxías. Foi creada no ano 2005 e ten a súa sé en Santiago de Compostela. Foi inscrita no Rexistro Central de Asociacións da Xunta de Galicia co número 2005/009121-1 (SC), e no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais co número VP-2017. O seu NIF é: G 70021571.
Os nosos fins pódense resumir en tres:
Pretendemos tamén ser o vehículo que necesitan as familias destes enfermos para facer chegar a sua problemática a aqueles organismos da Administración que poidan atenuala ou resolvela, e colaborar con outras entidades nunha abordaxe multidisciplinar.
TP-GALICIA é membro fundador da Asociación Española de Familias de Enfermos con Trastorno da Personalidade AEF-TP.
TP-GALICIA está rexistrada na Xunta de Galicia como entidade de acción voluntaria.